DiaRio De... uN PaDRe PRiMeRiZo

18 mayo 2006

Raigame

Hola
Acaba de rematar o Dia das Letras Galegas e tamen o dia da Raigame, que ven sendo unha romeria que se organiza no pobo de Vilanova dos Infantes, e ali estivemos nos. Antes de nada pedirvos disculpas os que non falades galego, pero creo que xa que e o dia das nosas letras, non seria moi loxico escribir do galego en castelan. Se alguen ten dubidas, prometo unha traduccion.
Hoxe tamen deuse a coñecer a verba mais fermosa do galego segun os lectores de La Voz de Galicia. A verba elexida foi Bolboreta (mariposa). Realmente é unha verba fermosa pola sua sonoridade. Ainda que algun volva a rir de min, sigo a pensar que o seu son é como o batir das ás da bolboreta. Eu non votei por esta., a miña eleccion foi Axouxere (cascabel o sonajero) que tamen me parece que ten esa sonoridade que recorda o instrumento que define. En calquera caso, ambalas duas son verbas fermosas
A musica do dia é a musica das gaitas e das pandereteiras e cantareiras. Vouvos contar un pouco en que consiste esta romeria. O pobo de Vilanova recupera, ainda que so sexa por un dia, todos eses oficios tipicos dos pobos, que pouco a pouco vanse perdendo. É unha volta a Galiza tradicional. Podes atopar polas ruas dende alfareiros facendo potes a telleiros cas suas tellas, pasando por palilleiras cos seus encaixes ou ver a xente como elaboran o liño. Todo o pobo enchese de postos que amosan esas artesanias. Prateiros fundido a prata para facer colgantes, cesteiros facendo cestas de mimbre, fornos por todo o pobo cocendo pan, empanadas e bicas. O mais bonito é ver como se xuntan os maiores e os nenos. Como os nenos flipan vendo como se fai un cesto ou como se cose unha rede, e tamen ver a cara dos vellos cando eses mismos nenos cantan cantigas que eles xa cantaban de nenos e como tocan a pandereta ou a gaita. Todo o pobo enchese de un gusto a tradicion e festa que o asulaga todo. A xente unese os grupos de cantareiras e canta con elas as cancions, porque mal que ben todos sabemos un pouco de esas cancions. Realmente é un espectaculo digno de ver. Aqui vos quedan unhas cantas fotos de esa xente.
Polo demais aproveitamos para ir comer a Celanova, ben, de feito fumos comer a un meson, e tras media hora sen que nos atendesen saimos fuxindo do local, mais que nada polo que veiamos nas mesas de arredor que levaban moito mas tempo ca nos e ainda non tiñan nin o pan na mesa. Logo fumos a outro sitio, e comimos ben e rapido. Tiñamos intencion de voltar a ver si ainda non comeran os que quedaban no primeiro sitio, pero pareceunos un pouco improcedente.
Nas proximas semanas imos ter moita festa por diante. O ultimo fin de seman deste mes imos ir a Leon a pasalo ali que temoslle ganas, ademais falaronnos moi ben do seu "barrio humedo" e do seu tapeo. E xa metidos en Xuño temos o Boi a mediados e logo eu baixo a Madrid de concertos. Voume ver a James Blunt, o do You're beautiful, que tanto soa nas radios, e logo a un festival con moitos grupos interesantes, entre eles Macaco, Chambao, Muchachito Bombo Infierno, Bersuit, Franz Ferdinand, Paul Weller, Charlatans, Sexy Sadie e un monton mais que seguro o paso ben. Se algun vos animades.... xa sabedes, avisar.
Creo que tiña un monton de cousas mais que contarvos, pero creo que por hoxe xa chega. deixaremoslas para maña e xa as contaremos en castelan para que todos as entendades mellor. Volvo pedirvos disculpas se non entendedes algo.
Bicos e ata maña